Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do servizo de deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural e do Mar na feira Iberflora 2015, que terá lugar en Valencia do 30 de setembro ao 2 de outubro (expediente 31/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de deseño, montaxe, desmontaxe e atención dun posto da Consellería do Medio Rural e do Mar na feira Iberflora 2015, que terá lugar en Valencia do 30 de setembro ao 2 de outubro.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23012

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 137, do 22 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 57.851,24 €, IVE (21 %): 12.148,76 €. Importe total: 70.000,00 €.

Valor estimado: 57.851,24 € (sen IVE).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 17 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 52.000,00 € (sen IVE), IVE (21 %): 10.920,00 €. Importe total: 62.920,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a única empresa que chegou á última fase, e cumpriu coas condicións establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural