Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de supervisión do cumprimento das obrigas de carácter económico e orzamentario das confrarías e das súas federacións, para a súa posterior inscrición no Rexistro de Confrarías dependente desta consellería (expediente 36/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de supervisión do cumprimento das obrigas de carácter económico e orzamentario das confrarías e das súas federacións, para a súa posterior inscrición no Rexistro de Confrarías dependentes desta consellería.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22946

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 123, do 2 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 57.854,52 €, IVE (21 %): 12.149,44 €. Importe total: 70.003,96 €

Valor estimado: 57.854,52 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 16 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: CIELO Solutions, S.L.

c) Importe: 29.677,32 € (sen IVE), IVE (21 %): 6.232,24 €. Importe total: 35.909,56 €.

d) Data de formalización do contrato: 30 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración xa que ofertou o prezo máis baixo, único criterio de valoración.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar