Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42217

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (109/2013)

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 109/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fatiha Miltani contra Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 da Coruña

Reforzo

Sentenza 456/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 109/2013

Demandante: Fatiha Miltani

Graduado: Sr. Pousa Merens

Demandada: Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza nº 456/2015.

A Coruña, 8 de outubro de 2015.

Resolvo.

Estimo a demanda formulada por Fatiha Miltani contra Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 1.831,96 euros en concepto de salarios debidos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non caberá ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

Para que conste e sirva de notificación a Hostelería Coruñesa AGOI3, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial