Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (656/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de seguridade social 656/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Tato Fernández contra Hervas Arjona Servicios, S.L., Galeserga, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) sobre seguridade social, foi ditada a sentenza número 303 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos 656/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre seguridade social, por instancia de José Tato Fernández, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado contra o INSS, TXSS, asistidas e representadas pola letrada da administración da seguridade social Victoria Regueira Rodríguez contra Galeserga, S.L. e Hervas Arjona Servicios, S.L., que non comparecen, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Tato Fernández contra o INSS, TXSS e as empresas Galeserga, S.L. e Hervas Arjona Servicios, S.L. e, en consecuencia, declaro que a base reguladora que corresponde aplicar á prestación de incapacidade permanente recoñecida ao demandante en virtude de resolución de data 27 de novembro de 2012 ascende á cantidade de 1.048,23 euros, condeno as demandadas a estaren e pasaren por esta declaración na medida das súas responsabilidades, e condénoas a aboaren a pensión de incapacidade permanente partindo da dita base reguladora na medida das súas responsabilidades, e iso con efectos do 29 de outubro de 2012, con declaración de responsabilidade directa empresarial por infracotización respecto da diferenza de pensión resultante sobre a base do recoñecemento da dita base reguladora superior, e condeno as empresas demandadas solidariamente a constituíren o capital custo polas ditas diferenzas, sen prexuízo da obriga de anticipo do INSS, o cal pode repetir contra as empresas sobre as ditas diferenzas de prestación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galeserga, S.L. e Hervas Arjona Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicial