Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42203

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal de xestión e servizos.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 118, do 25 de xuño), abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 27 de xullo de 2015 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e verificados os datos correspondentes aos requisitos das persoas solicitantes, esta dirección xeral, de conformidade coa base sétima da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 118, do 25 de xuño)

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías publicadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 16 de xuño de 2015, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e ás direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A estimación ou rexeitamento das emendas presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección pola que se declaren, con carácter definitivo, os/as admitidos/as e excluídos/as.

As persoas solicitantes que, dentro do prazo indicado nesta resolución, non emenden o/os defecto/s da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso de selección.

Cuarto. As persoas que formalizasen a súa solicitude de inscrición nas listas correspondentes a estas categorías con posterioridade ao 27 de xullo de 2015 incluiranse na relación de admitidos/as e excluídos/as do seguinte proceso de xeración de listas que se efectúe.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos