Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42086

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a xestor de sistemas, especialidade xestión de sistemas, grupo II, desta universidade.

Por resolución reitoral do 29 de novembro de 2013 (DOG do 13 de decembro e BOE do 23 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a xestor de sistemas, especialidade xestión de sistemas, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por resolución reitoral do 5 de marzo de 2014 (DOG do 21 de marzo), aprobouse a relación provisoria de persoas aspirantes admitidas e excluídas das mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 15 de decembro de 2015, ás 10.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüística, Vivendas dos Catedráticos, 1º andar, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

De non cubrirse a vacante pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar, e que se publicará no DOG e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela