Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42084

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 23 de outubro de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciado pola Orde do 18 de setembro de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 18 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 186, do 29 de setembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Amtega, anunciada pola Orde do 18 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 186, do 29 de setembro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a/o funcionario/a que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou de sete días hábiles se radica en distinta localidade. Cando o/a funcionario/a obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo único do Decreto 166/2013, do 14 de novembro, que modifica o artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidas ao/a interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel no que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Montoiro, José Fernando.

NRP: 3326608235 A2059.

Grupo: C2.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: secretario/a.

Código: PX.A11.00.000.15770.002.

Nivel: 18.

Dependencia: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Localidade: Santiago de Compostela.