Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 20 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente derivado da Resolución do 3 de xuño de 2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentar a notificación e ao ser devolta por dúas veces polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo máximo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta dirección xeral (Consellería de Facenda), sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2015

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Expediente: Resolución do 3 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Interesada: Géneros de Punto Montoto, S.A. (en liquidación).

Acto notificado: resolución pola que se declara a existencia dun crédito a favor da Tesourería da Comunidade Autónoma contra a entidade mercantil Géneros de Punto Montoto, S.A. (en liquidación) e o inicio do procedemento para a súa reclamación, ao abeiro do disposto no artigo 10 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, que regula a concesión de avais do Igape.