Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica a resolución ditada no expediente de reclamación de responsabilidade patrimonial RP/13/00007.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial RP/13/00007, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio a interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado docontencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que xulgue conveniente.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº de expediente

Recorrente

Enderezo

Acto notificado

Sentido do acto notificado

RP/13/00007

Ángeles Feijoo Roldán

Rúa Progreso, nº 37, 2º esq. 36202 Vigo (Pontevedra)

Resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial

Inadmisión