Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (127/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 127/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) contra Recursos Marinos de Galicia, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 559/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mutual Midat Cyclps (MC Mutual) presentou demanda de execución fronte a Recursos Marinos de Galicia, S.L.

Segundo. Ditouse auto mediante o que se despacha execución, con data do 4 de xuño de 2015, por un total de 8.940,53 euros de principal e de 894,05 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 % da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da mercantil polas cantidades anticipadas en concepto de asistencia sanitaria e indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes que ascenden a 5.841,33 euros.

Terceira. Do embargo de contas bancarias trabado non se obtivo cantidade ningunha e deuse a preceptiva audiencia ao executante e ao INSS como responsable subsidiario.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a Secretaria Xudicial da Execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar á executada Recursos Marinos de Galicia, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 8.940,53 euros de principal e de 894,05 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 % da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da mercantil polas cantidades anticipadas en concepto de asistencia sanitaria e indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes que ascenden a 5.841,33 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao de notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Recursos Mariños de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicia