Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41990

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (258/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 258/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Martínez Pimentel contra Teknoinstal Atlántica, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Iván Martínez Pimentel contra Teknoinstal Atlántica, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.181,96 euros polos conceptos desagregados no feito probado quinto desta sentenza máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Teknoinstal Atlántica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial