Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42031

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación inicial de expediente de modificación de créditos (transferencia de créditos).

O Pleno da Mancomunidade, en sesión ordinaria que tivo lugar no día da data, aprobou inicialmente o expediente de modificación de créditos (transferencia de créditos).

En cumprimento do disposto nos artigos 42.20 e 22 do Real decreto 500/1990 e 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, exponse ao público na secretaría desta mancomunidade, polo prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP, co fin de que durante ese tempo se poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes, e que deberán ser dirixidas ao Presidente desta mancomunidade.

O Pino, 13 de outubro de 2015

Manuel Taboada Vigo
Presidente