Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42030

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rairiz de Veiga

ANUNCIO de modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do concello, na sesión que tivo lugar o día 27.8.2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Rairiz de Veiga.

De conformidade co establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese ao trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Todo isto para os efectos de que durante o devandito prazo se poidan formular as alegacións e/ou suxestións que se consideren oportunas, computándose o prazo desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio, e ata o transcurso do prazo de dous meses contados desde a última das publicacións mencionadas.

Este acordo implica a suspensión do outorgamento de licenzas nos termos recollidos no devandito acordo de aprobación inicial.

O expediente completo poderá ser examinado nas oficinas municipais e o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado na páxina web do concello (www.rairizdeveiga.es).

Rairiz de Veiga, 22 de setembro de 2015

Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio
Alcalde