Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41601

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de delimitación do núcleo rural común da Cabana.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do Concello, do 19 de setembro de 2015, o expediente de delimitación do núcleo rural común da Cabana, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a exposición pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, o dito expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Monfero, 24 de setembro de 2015

Andrés Feal Varela
Alcalde