Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41602

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO relativo á aprobación dos pregos de bases que rexerán o concurso co fin de outorgar autorizacións de ocupación de prazas de aparcadoiro en réxime de aboamento para tractoras e plataformas portacontedores.

Por Resolución da directora da Autoridade Portuaria de Vigo, do 8 de outubro de 2015, acordouse:

Aprobar o prego de condicións particulares das autorizacións de ocupación de dominio público para o aparcadoiro de camións, tractoras e plataformas portacontedores.

Os pregos de bases que rexerán o concurso e demais documentación encóntranse á disposición dos interesados no departamento de Secretaría Xeral (praza da Estrela, 1, 36201 Vigo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e na páxina web www.apvigo.com

A documentación que deberán presentar os participantes é a exixida nos pregos de bases.

As propostas presentaranse no Rexistro da Autoridade Portuaria de Vigo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se é sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o día seguinte hábil.

A apertura das propostas terá lugar ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas. Se é sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

Vigo, 20 de outubro de 2015

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo