Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2015/64-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Carballo.

Domicilio social: Pza. do Concello, s/n.

Denominación: LMT e CT de 400 kVA para EDAR no Río Bardoso.

Situación: O Forno, Sofán.

Descricións técnicas: LA-56:15 m e LMTS: 685 m, RHZ1-2OL 12/20 kV, 3×150 mm2 AL.

CT: celas CGMCOSMOS: cela de liña de entrada/saída, cela de protección xeral, cela de medida.Transformador trifásico COTRADIS de 400 kVA, refrixeración natural en aceite, ventilación natural, tensión primaria 20 kV e tensión secundaria 420 V en baleiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 19 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña