Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2015/44-2, 8238 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: E.ON Distribución, S.L.

Domicilio social: Isabel Torres 25, 39011 Santander.

Denominación: ampliación da subestación de Estelo 132 kV, «nova posición de liña 132 kV».

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. Ampliación dunha posición de liña de 132 kV, formada por:

Un seccionador tripolar de illamento de barras.

Un interruptor tripolar.

Tres transformadores de intensidade.

Un seccionador tripolar con posta á terra de liña.

Tres pararraios-autoválvulas.

Tres transformadores de tensión indutivos.

2. Ampliación dunha posición de reserva formada por:

Un seccionador tripolar de illamento de barras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla núm. 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 21 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo