Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/259-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Servizo Galego de Saúde.

Domicilio social: San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 160 kVA Centro de Saúde As Galeras.

Situación: rúa Entrerríos, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Características técnicas: centro de secionamento en edificio de obra civil compartido co CT. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

CT anexo ao CS con celas prefabricadas de secionamento, proteción e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de tipo encapsulado en resinas de 160 kVA, refrixeración natural e relación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña