Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (487/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 487/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio César Durán Piñeiro contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L., Grupo Fernández Automoción e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Julio César Durán Piñeiro, contra as entidades Ifer Coruña, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data 27 de marzo de 2015, condenando solidariamente a que as entidades Ifer Coruña, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 92,49 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.052,04 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Julio César Durán Piñeiro contra as entidades Ifer Coruña, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Ifer Coruña, S.L.U., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción, a que aboen á demandante a cantidade de 3.197,31 euros brutos, polos salarios devindicados en marzo de 2015, compensación económica polas vacacións non desfrutadas en 2015 e a indemnización por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Todo isto con imposición das custas do presente procedemento ás aquí codemandadas Ifer Coruña, S.L.U. e Grupo Fernández Automoción, ata o límite de 600 euros. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Grupo Fernández Automoción, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de outubro de 2015

A secretaria xudicial