Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (509/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 509/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Nuno dos Santos Esperanço contra Fondo de Garantía Salarial, Xestión Ambiental de Contratas, S.L., Regal Tempo, S.L., José Correia Pinto Construçoes Unipessoal Lda., UTE Urzáiz Soutomaior, Extraco, S.A., Ute As Conchiñas, Construcciones Orega, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Miguel Nuno dos Santos Esperanço fronte ás empresas Regal Tempo, S.L., UTE Urzáiz Soutomaior, Extracto, S.A., Xestión Ambiental de Contratas, S.L., UTE As Conchiñas e Construcciones Orega, S.L., e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de 3.514,91 euros. As codemandadas que se dirán responderán ata a contía que se reflicte:

A UTE Urzáiz-Soutomaior, formada polas empresas Vías y Construcciones S.A. e Corsán-Corviam Construcción, S.A. debe responder ata o límite de 985,82 euros.

A empresa Extracto, S.A. responderá ata o límite de 198,5 euros.

A UTE Ferrería, integrada polas mercantís Xestión Ambiental de Contratas, S.L. e Construcciones Orega, S.L. responderá ata a contía de 1.233,44 euros.

A UTE As Conchiñas responderá ata o límite de 181,96 euros.

E, en todo caso, máis o 10 % de xuro por mora ao tratarse de cantidades salariais.

Debo absolver a José Correia Pinto Construcciones da pretensión dirixida contra el.

Coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentencia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de outubro de 2015

A secretaria xudicial