Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

EDICTO de modificación do Acordo do 17 de outubro de 2014 relativo á aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno Municipal do concello de Riós, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de setembro de 2015, modificou o acordo adoptado con data 17 de outubro de 2014, sobre aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

No acordo de modificación establecese que non procederá a suspensión de licenzas no ámbito de solo urbanizable delimitado industrial (SURB-1) o incluírse este como planeamento incorporado e estas determinacións non supoñen modificación urbanística do plan xeral, polo que se modifica, co presente edicto, o publicado sobre aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal, e non se inclúe dentro da suspensión de licenzas o ámbito de solo urbanizable delimitado industrial SURB-1.

Riós, 30 de setembro de 2015

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde