Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de mantemento integral e actualización dos equipos de cromatografía de líquidos acoplados a espectrometría de masas en tándem con trampa iónica, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-15-027).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Fax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-15-027.

1. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento integral e actualización dos equipos de cromatografía de líquidos acoplados a espectrometría de masas en tándem con trampa iónica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50410000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-35

Proxecto de xestión e operacións de servizo para desenvolver

0-25

Materiais e medios técnicos

0-5

Medios humanos, organización e coordinación

0-5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-65

Oferta económica

0-40

Tempo máximo de resposta (TMR) do servizo técnico

0-10

Actualización ao novo software de cuantificación

0-5

Actualización de software de control, análises de datos e informes de auditorías

0-5

Actualización SO 3200 QTRAP

0-5

4. Valor estimado do contrato: 160.200 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 160.200 euros. Importe total: 193.842 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo P, subgrupo 4, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: contratación sen custos de acceso á información.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos