Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación dun servizo que ten por obxecto unha campaña de captación, comunicación, relacións públicas e apoio da negociación para a atracción de capital privado que apoie a traslación de proxectos I+D+I promovidos por profesionais do Sistema público de saúde de Galicia, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-15-028).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-15-028.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación dun servizo que ten por obxecto unha campaña de captación, comunicación, relacións públicas e apoio da negociación para a atracción de capital privado que apoie a traslación de proxectos I+D+I promovidos por profesionais do Sistema público de saúde de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario (véxase cláusula 2.5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79400000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-50

1. Metodoloxía de traballo

0-35

2. Modelo de dirección, xestión e seguimento do servizo

0-10

3. Deseño e creación dunha páxina web que acompañe a campaña de comunicación

0-5

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-50

1. Oferta económica

0-50

4. Valor estimado del contrato: 60.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 60.000 euros. Importe total: 72.600 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo de San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Outras informacións: contratación sen custos de acceso á información.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos