Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 22 de outubro de 2015 Páx. 40974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación mediante procedemento documentalmente simplificado, aberto, multicriterio e tramitación ordinaria do servizo de seguridade privada nas dependencias deste instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2015/227.01/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: seis (6) meses desde a sinatura do contrato.

3. Admisión de prórroga: si.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 66.000,00 euros; o importe do IVE: 13.860,00 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23449

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: acto público.

b) Dirección: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de tres (3) días hábiles.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística