Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40792

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (475/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 475/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noé Gontán Castro contra a empresa Artefacto Producciones Audiovisuales, S.L.N. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Noé Gontán Castro contra Artefacto Producciones Audiovisuales, S.L.N., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma 3.303,41 euros polos conceptos detallados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase aplicar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Artefacto Producciones Audiovisuales, S.L.U., en ignorado paradoiro, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

A secretaria xudicial