Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (145/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Pérez Yáñez contra Servicios de Telemarketing Carolina Lago e Telemarketing Digital, S.L. sobre ordinario, se ditaron as resolucións nas cales se acorda:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza do 14.4.2015, ditada no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 544/14 a favor da parte executante María del Mar Pérez Yáñez, fronte a Servicios de Telemarketing Carolina Lago e Telemarketing Digital, S.L., partes executadas solidarias, por importe de 2.553,03 euros de principal e de 255,30 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Servicios de Telemarketing Carolina Lago e Telemarketing Digital, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

a) Declarar os executados Telemarketing Carolina Lago e Telemarketing Digital, S.L. en situación de insolvencia por importe de 2.553,03 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Telemarketing Carolina Lago e Telemarketing Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de setembro de 2015

A secretaria xudicial