Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40779

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que vaian concorrer ás prazas da oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador para o ano 2015 (Resolución do 13 de abril de 2015).

As prazas da oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador para o ano 2015 deron lugar aos seguintes concursos:

– De profesor contratado doutor os concursos nº 1001/15-16, 1002/15-16, 1003/15-16, 1004/15-16, 1005/15-16, 1006/15-16, 1007/15-16, 1008/15-16, 1009/15-16, 1010/15-16, 1011/15-16, 1012/15-16, 1013/15-16, 1014/15-16, 1015/15-16 e 1016/15-16.

– De profesor interino de substitución de profesor contratado doutor os concursos nº 2060/15-16, 2063/15-16, 2064/15-16, 2065/15-16, 2066/15-16, 2067/15-16 e 2070/15-16.

Mediante Resolución do 13 de outubro de 2015 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado nº 282/2015, interposto por José Luis Pérez Lustres contra o acordo do Consello de Goberno do 30 de xuño de 2015, polo que se desestima o recurso de reposición interposto polo recorrente contra a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador para o ano 2015 (Resolución do 13 de marzo de 2015) e o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que puidesen resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove (9) días, contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no dito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, de non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela