Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40775

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de outubro de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia.

O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, e os seus membros non están ligados por ningún mandato imperativo.

En materia de persoal, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece no seu artigo 11 que o persoal que presta servizos no Consello Consultivo de Galicia se rexe pola normativa reguladora deste órgano e, supletoriamente, por esta lei.

Así, a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia xustifícase pola necesidade da adaptación da RPT á situación actual do organismo co fin de dar un maior e mellor cumprimento aos obxectivos que se ten marcado este órgano superior consultivo.

En consecuencia, por proposta do Consello Consultivo de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8 de outubro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de outubro de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO
Relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia

Persoal funcionario

Código
do posto

Denominación

Nivel

Tipo
de posto

Forma
de provisión

Grupo

Corpo/escala

Adscrición

admóns. p.

Titulación

académica

Formación

específica

Complemento

específico

Observacións

CCG 001

Secretario/a xeral

30

S

LD

A1

(1)

(2)

2062

640

26.901,00 €

CCG 002

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 003

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 004

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 005

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 006

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 007

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 008

Letrado/a

30

S

C

A1

Letrado

(3)

640

21.631,80 €

CCG 031

Xefe/a do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación

28

S

LD

A1/A2

Xeral

A11

640

13.698,72 €

CCG 032

Sección de Estudos e Comunicación

25

N

C

A1

Xeral

A11

2058-2062

640

10.093,56 €

CCG 033

Negociado de Habilitación

20

S

C

A2/C1/C2

Xeral

A11

640

6.083,52 €

CCG 035

Secretario/a do/da presidente/a

20

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

6.083,52 €

CCG 036

Secretario/a do/da secretario/a xeral

18

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

5.526,48 €

CCG 037

Secretario/a do/da conselleiro/a

20

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

6.083,52 €

CCG 038

Secretario/a do/da conselleiro/a

20

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

6.083,52 €

CCG 039

Secretario/a do/da conselleiro/a

20

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

6.083,52 €

CCG 040

Secretario/a do/da conselleiro/a

20

N

LD

C1/C2

Xeral

A11

020/640

6.083,52 €

CCG 045

Auxiliar administrativo

12

N

C

C2

Xeral

A11

020/640

4.881,60 €

CCG 051

Subalterno/a

10

N

C

E

Xeral

A11

640

4.786,20 €

Persoal laboral

Código
do posto

Denominación

Forma
de provisión

Grupo

Categoría

Titulación académica

Formación específica

Observacións

020

Titulado/a de grao medio

C

II

7

3999

143

(1) e (2) Segundo o artigo 22.2 da Lei 3/2014 (DOG núm. 80, do 28.4.2014).

(3) Segundo o artigo 30.2 da Lei 3/2014 (DOG núm. 80, do 28.4.2014).

Código-formación específica:

020: coñecemento de informática nivel usuario (mérito).

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito imprescindible).

143: experiencia en técnicas de documentación (requisito imprescindible).

Código-titulación académica:

2058: licenciado/a ou grao en Ciencias Políticas e da Administración.

2062: licenciado/a ou grao en Dereito.

3999: diplomado/a universitario.

Código-descrición doutras administracións:

A11 Adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, doutras comunidades autónomas e do Estado.