Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de outubro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-35/2015 e un máis, por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-35/2015 e OU-S-36/2015, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

Dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar ante o instrutor do procedemento alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretendan valerse.

Ourense, 8 de outubro de 2015

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-35/2015.

Titular sancionado: Night Ourense, S.L.

Establecemento: Night Ourense.

Domicilio: Cabeza de Manzaneda, 6, baixo.

Localidade: Ourense.

Incoación: 29 de xullo de 2015.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) e 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Expediente: OU-S-36/2015.

Titular sancionado: Carlos Chaves Teixeira.

Establecemento: Estación Ferrocarril Baños de Molgas.

Domicilio: Bouzas, 2.

Localidade: Baños de Molgas.

Incoación: 31 de xullo de 2015.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.