Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 21 de outubro de 2015 Páx. 40865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María de los Ángeles Faraldo Vallés.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 229/2015 (procedemento abreviado), interposto por María de los Ángeles Faraldo Vallés, contra a Resolución do 21 de maio de 2015, da directora xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de alzada interposto pola recorrente con data do 10 de abril de 2015, contra a Resolución do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados (especialidade: Farmacia hospitalaria).

Impúgnase a epígrafe referida á experiencia profesional, no senso de que non se lle computan os 113 días de baixa maternal e lactación que transcorren no período do 29 de outubro de 2008 ao 19 de febreiro de 2009.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos