Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación do servizo de desinstalación, traslado, instalación e posta en marcha no novo edificio do CACTI dun espectrómetro de masas de ións secundarios por tempo de voo (TOF-SIMS), microscopio de varrido de sonda (SPM/AFM/STM), perfilómetro óptico por interferometría de luz branca e perfilómetro de agulla 3D de alta resolución (expediente 335/15).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

– Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

– Localidade e código postal: Vigo 36310.

– Teléfono: 986 81 35 51.

– Telefax: 986 81 38 57.

– Correo electrónico: xscont@uvigo.es

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

– Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

– Número de expediente: 335/15. Servizo de desinstalación, traslado, instalación e posta en marcha no novo edificio do CACTI dun espectrómetro de masas de ións secundarios por tempo de voo (TOF-SIMS), microscopio de varrido de sonda (SPM/AFM/STM), perfilómetro óptico por interferometría de luz branca e perfilómetro de agulla 3D de alta resolución.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

c) Lugar de execución/entrega: Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: 60 días naturais.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 51530000-6: servizos de instalación de máquinas ferramentas.

g) CPA: 74.90.20: outros servizos profesionais, técnicos e empresariais n.c.o.p.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

– Calidade da memoria descritiva das actividades e metodoloxía de traballo xuízo de valor): 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 68.500 €.

5. Importe de licitación: 68.500 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnico-profesional: a que se indica, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B (tamén debe incluírse copia idéntica da memoria en soporte dixital no formato PDF) e C.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

– Dirección: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, baixo. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

– Localidade e código postal: Vigo 36310.

– Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 1.500 €.

11. Outra información: acción cofinanciada nun 80 % por fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto UNV113-1E-2749. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31.12.2015.

Vigo, 13 de outubro de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo