Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro (Hospital Comarcal de Monforte), ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

anexo

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Atienza Ruiz, Dimas

Fra. 201550399

2.7.2015

351,01

Gálvez Espinar, José Manuel

053265898Z

Fra. 201550412

2.7.2015

361,59

Sueiro Martínez, Pablo

026266419M

Fra. 201550440

9.7.2015

390,18

Dan --- Viorel

X07840869P

Fra. 201550529

13.8.2015

482,64

Salek Mohamed Lehbiba

Fra. 201550530

14.8.2015

3.492,94

Romero Jiménez, Sandra

Fra. 201550535

14.8.2015

368,86

Souza da Silva, Bruno

X08820928Z

Fra. 201550556

25.8.2015

361,59