Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore 2, 1º andar, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo general Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 81 30 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-15-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: centros da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 1 ano desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50322000-8, 50323100-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) 465.660 € (catrocentos sesenta e cinco mil seiscentos sesenta euros).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 155.220 € (cento cincuenta e cinco mil douscentos vinte euros).

b) Importe total: 187.816,20 € (cento oitenta e sete mil oitocentos dezaseis euros con vinte céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a requirida. Como mínimo, os licitadores deberán acreditar a seguinte clasificación: grupo: V, subgrupo: 3, categoría: B.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 5.3.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 20.11.2015.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda. Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.9.2015.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña