Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación do servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, correspondencia e outros ás unidades e servizos dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou juanfrancisco.insua.esmoris-recaman@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-15-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, mobiliario e enseres, mensaxaría, lencería, produtos farmacéuticos e outros produtos necesarios para a prestación dos servizos con destino ás unidades e servizos dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: oitocentos dezasete mil novecentos vinte euros (817.920 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: trescentos corenta mil oitocentos euros (340.800 €). Importe total: catrocentos doce mil trescentos sesenta e oito euros (412.368 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 4.11.2015.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es.

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti, Dr. Ulises Romero, nº 1, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 29.9.2015.

12. Outras informacións:

Lugo, 29 de setembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos