Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40721

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 16 de setembro de 2015, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e a ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 140122 e 140123 (Rúa Nova, 52-54) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por Sagal Inversiones, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométense á información pública, polo prazo de vinte días, durante o cal poderán ser examinado o expediente no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 24 de setembro de 2015

P.D. (Decreto 15005366)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal