Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de licitación do servizo de conservación e mantemento das instalacións de luz pública, subministración e instalación de arcos luniminosos festivos e grupo electróxeno para festas (expediente PA 2/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: PA 2/2015.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: avenida Emilio González, 1.

3º. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.

4º. Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.

5º. Telefax: 981 72 16 27.

6º. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es

7º. Enderezo da internet no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp, plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de conservación e mantemento das instalacións de luz pública do concello de Malpica de Bergantiños, así como a subministración e instalación de arcos luminosos festivos e grupo electróxeno para festas.

b) Lugar de execución: concello de Malpica de Bergantiños.

c) Duración do contrato: dous (2) anos.

d) Admisión de prórroga: prorrogable por un (1) ano máis.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación indicados na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación: a) Valor estimado: 120.000 €; b) IVE (21 %): 25.200 €, o que fai un prezo total (IVE incluído) polos dous (2) anos de duración de 145.200 €.

4.bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o concello do cumprimento do contrato existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 2015.165.633.00.

5. Garantías.

– Provisional: non se exixe.

– Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

7. Presentación ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do concello.

– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1. Malpica de Bergantiños 15113.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

8. Apertura de ofertas.

– Enderezo: avenida Emilio González, 1. Malpica de Bergantiños 15113.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Malpica de Bergantiños, 13 de outubro de 2015

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde