Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, de bens e dereitos incluídos na AR-As Burgas do Plan especial de protección do ben de interese cultural das Burgas (expediente de Xestión Urbanística 2015008978).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 1 de outubro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

16. Aprobación inicial de proxecto de expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, de bens e dereitos incluídos no AR-As Burgas do Plan especial de protección do BIC das Burgas (expediente nº 2015008978).

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e dereitos incluídos no AR-As Burgas, do PEPBICSH das Burgas, ámbito 10 da OUP, e autorizar o gasto de 1.599.583,78 euros con cargo á partida orzamentaria 130.4391.60920 referido ás seguintes parcelas e titulares:

Parcela 1:

Titular: Xardín das Burgas, S.A.

Superficie que se vai expropiar: 2.770 m2.

Prezo xusto: 638.597,09 €.

Nº de predio rexistral: 69.099.

Cargas: hipoteca.

Embargo; titular da carga: Xunta de Galicia.

Embargo; titular da carga: Concello de Ourense.

Parcela 2:

Titular: Xardín das Burgas, S.A.

Superficie que se vai expropiar: 100 m2.

Prezo xusto: 23.054,02 €.

Nº de predio rexistral: 69.100.

Cargas: hipoteca.

Titular da carga: Banco Popular Español, S.A.

Embargo; titular da carga: Xunta de Galicia.

Embargo; titular da carga: Concello de Ourense.

Parcela 3:

Titulares: herdeiros de Camilo Conde García, Rocío Ojea Álvarez, Antonio Peña Rodríguez e herdeiros de Asunción García Castro.

Superficie que se vai expropiar: 75 m2.

Prezo xusto: 17.289,96 €.

Nº de predio rexistral: 36.735.

Parcela 4:

Titulares: herdeiros de Manuel Nemesio Pereira Méndez, María Luisa Marimón Nieves, Luis Soto Rebollo e Prudencia María José Tabarés Lezcano.

Superficie que se vai expropiar: 161 m2.

Prezo xusto: 37.117,17 €.

Nº de predio rexistral: 863.

Parcela 5:

Titular: Roberto Francisco Trapote Blanco.

Superficie que se vai expropiar: 72 m2.

Prezo xusto: 16.598,19 €.

Nº de predio rexistral: 64.539.

Parcela 6:

Titulares: Roberto Francisco Trapote Blanco e María Teresa Sanmartín García.

Superficie que se vai expropiar: 430 m2.

Prezo xusto: 99.131,63 €.

Nº de predio rexistral: 64.538.

Parcela 7:

Titulares: Roberto Francisco Trapote Blanco e María Teresa Sanmartín García.

Superficie que se vai expropiar: 12 m2.

Prezo xusto: 2.767,10 €.

Nº de predio rexistral: 76.923.

Parcela 8:

Titulares: Emilio, José e Manuel Santamaría Airas.

Superficie que se vai expropiar: 860 m2.

Nº de predio rexistral: 3316.

Parcela 9:

Titulares: Emilio, José e Manuel Santamaría Airas.

Superficie que se vai expropiar: 682 m2.

Nº de predio rexistral: non inscrita ref. catastral parte de 3577405NG9837N.

Prezo xusto parcelas 8 e 9: 765.338,62 €.

2º. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

3º. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente mediante traslado literal da folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes a partir da data de notificación.

4º. Solicitar do Rexistro da Propiedade a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento de expropiación por taxación conxunta naqueles predios afectados por el que figuren inscritos de acordo co artigo 22 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo.

Réxime de recursos: este acordo é un acto de trámite, polo que non cabe a interposición de ningún recurso, sen prexuízo de que a oposición a este poida ser considerada na resolución que poña fin ao procedemento.

Ourense, 9 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente