Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1172/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1172/2012 por instancia de José Luis López Buján contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 21 de setembro de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido

Estímase a demanda interposta por José Luis López Buján contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. e o seu administrador concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase o dereito do demandante a percibir os complementos de transporte e vestiario nas pagas extraordinarias.

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de cincocentos noventa e oito euros con oitenta e oito céntimos (598,88 euros). Destas cantidades responderá o administrador concursal. Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

O secretario xudicial