Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (135/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 135/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Eidón Piñeiro contra Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández sobre ordinario, se ditou a resolución en cuxa parte dispositiva se acorda:

a) Declarar os executados Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández en situación de insolvencia por importe de 2.965,92 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial