Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se convoca a contratación por lotes da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención residencial para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada, tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 67/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: reserva e ocupación de prazas de atención residencial para persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental asociada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 4 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: toda a comunidade autónoma.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: si, anual hasta un máximo de 20 anos.

g) CPV (referencia nomenclatura): 85310000 servizos de asistencia social.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 19.254.153,60 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) O orzamento da licitación ascende á cantidade dun millón oito mil catrocentos corenta e oito euros (1.008.448 €), ao cal se lle engaden corenta mil trescentos trinta e sete euros con noventa e dous céntimos (40.337,92 €) que corresponden ao IVE (4 %), o que fai un total dun millón corenta e oito mil setecentos oitenta e cinco euros con noventa e dous céntimos (1.048.785,92 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación administrativa.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23452

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

P.D. (Orden 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar