Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes desta consellería (6 lotes) (expediente ED-01/2015-DXCRH).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 69, do 14 de abril de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos centros educativos especificados en cada lote.

Lote 1: desistido por Resolución do 17 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 125, do 6 de xullo).

Lote 2: CPI As Revoltas, CPI Alcalde Xosé Pichel, CPI Cabo da Area, CPI Cernadas de Castro, CPI Pecalama, CPI de Zas.

Lote 3: CPI Armando Cotarelo Valledor, CPI de Ponte Carreira, CPI Viaño Pequeno, CPI de San Vicente, CPI de Fonte Díaz.

Lote 4: CPI Alfonso VII, CPI Aurelio Marcelino Rey García, CPI Santa Lucía, CPI de Progreso, CPI Mosteiro.

Lote 5: CPI de Mondariz, CPI da Ribeira, CPI Cova Terreña, CPI Manuel Padín Truiteiro.

Lote 6: CPI de Rodeiro, CPI Dr. López Suárez (Friol), CPI Ramón Piñeiro, CPI Doutor Daniel Monje, CPI Dr. López Suárez (O Saviñao), CPI José García García.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 2.658.885,19 euros, IVE excluído.

Lote 1: desistido.

Lote 2: 456.752,58 euros, IVE excluído.

Lote 3: 384.829,08 euros, IVE excluído.

Lote 4: 478.995,69 euros, IVE excluído.

Lote 5: 452.757,46 euros, IVE excluído.

Lote 6: 459.425,68 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

Lote 1: desistido.

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de agosto de 2015.

c) Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza (Samyl, S.L.).

d) Importe de adxudicación: 420.000,00 euros, IVE excluído.

Lote 3:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de agosto de 2015.

c) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).

d) Importe de adxudicación: 372.201,12 euros, IVE excluído.

Lote 4:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de agosto de 2015.

c) Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza (Samyl, S.L.).

d) Importe de adxudicación: 440.000,00 euros, IVE excluído.

Lote 5:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de agosto de 2015.

c) Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 397.418,00 euros, IVE excluído.

Lote 6:

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 27 de agosto de 2015.

c) Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 392.003,48 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obteren a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria