Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolucións de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se indica as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta nos expedientes existentes nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación destas resolucións no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para os efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a vernes laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Nº expedientes: 2012/13-5 e 2012/14-5.

– Interesado: Antonio Lorenzo Alonso.

– Enderezo: descoñecido.

– Asunto: notificación de resolucións administrativas do 21 de agosto de 2015.

Vigo, 23 de setembro de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo