Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Concello de Cenlle.
Enderezo social: estrada Logroño-Vigo, 2. Trasariz 32454 Cenlle.
Denominación: CS, LMT, CT bombeo Razamonde.
Situación: Cenlle.
Descricións técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 1.391 m, con condutor LA-56 e orixe no centro de seccionamento proxectado próximo á LMT CAS.801 Sampaio-Santa Cruz e remate no CT proxectado 1ª) bombeo Razamonde; en obra do propio bombeo 2º) CS (4L)SF6 de 250 kVA e R/T 20.000-400-230 V.
Orzamento: 255.546,98 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 1 de outubro de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense