Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2015/68-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2 , 32960 Velle.

Denominación: adecuación LMT (DC) BDV705-BDV806.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 15 kV de 266 m con condutor RHZ1-2Ol 12/20 kV 1 × 240 mm2 AL, con orixe no apoio proxectado con dobre PAS e remate no apoio proxectado con dobre PAS que substitúe o actual nº D 37.

– LMT subterránea a 15 kV de 119 m con orixe na cela de entrada en CT A Cruz (32CHB9) e remate no apoio proxectado con dobre PAS que substitúe ao actual nº D 37.

– Orzamento: 48.179,68 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Ourense, 28 de setembro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2015/68

Concello: O Barco de Valdeorras

Provincia: Ourense

Adecuación LMT DC BDV705-BDV 806

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

m2

1

Cuevas

Prado

Siro Vega Rodríguez e irmáns

Rúa España, nº 5-7, 4º B, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

35-B

2.0

2

Cemiterio

Viña

Hdros. Gonzalo Gurriarán

Repr.: Ricardo Gurriarán Rodríguez

Rúa do Miñato, 17, 15702 Santiago de Compostela

(A Coruña)

37B

2.0