Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 224/2015 interposto por Julio Benigno García-Gabilán Sangil e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 224/2015, interposto por Julio Benigno García-Gabilán Sangil e outros, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de maio de 2015 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública