Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada efectuada por José Feijoo Morán para a ampliación dunha granxa no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) (expediente 2015-IPPC-I-18).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Autorización ambiental integrada. Ampliación de explotación porcina de ciclo pechado para 510 nais. José Feijoo Morán. Sabariz, Rairiz de Veiga (Ourense). Xaneiro 2015.

– Proxecto. Ampliación de explotación porcina de ciclo pechado para 510 nais. José Feijoo Morán. Sabariz, Rairiz de Veiga (Ourense). Xaneiro 2015.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ( http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-18.

Peticionario: José Feijoo Morán.

Localización da instalación: lugar de Sabariz, s/n, 32652 Rairiz de Veiga, Ourense.

Actividade: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación porcina de cría e ceba con capacidade para 510 prazas de porcas de cría, 1.760 prazas para leitóns de 6 a 20 kg e 1.280 prazas para porcos de ceba de 20 a 100 kg.

A ampliación proposta busca incrementar a capacidade de ceba da explotación ata as 3.360 prazas basicamente mediante a ampliación do cebadeiro existente, a construción dunha nova nave de ceba e a construción dunha nova fosa de xurro.

Verteduras: tras a modificación non se xerarán verteduras de augas residuais de limpeza nin sanitarias de vestiarios, que se dirixiran ás fosas externas de almacenamento de xurro para ser xestionados de xeito conxunto. As augas sanitarias procedentes da vivenda do granxeiro condúcense á rede de saneamento municipal. As augas pluviais non se recollen e discorren libremente pola parcela.