Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 20 de outubro de 2015 Páx. 40631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2008/00065 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2008/00065

Mirta Alicia Flores Frenedoso

51294490M

AC-2008/00304

José Manuel Romero Quintela

32786251G

AC-2010/00556

Gema Paradela Marticó

34894824Y

AC-2011/00704

Cleiton Santos Ramos

X8611814Q

AC-2011/00893

Papa Diop Gueye

X7901567D

AC-2013/00416

Julio Isidro Castro Bolaños

AN766772

AC-2014/00107

Adriana Pimentel de Morais

Y3388398Y