Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución da obra pública hidráulica para o abastecemento e saneamento en Torneiros, O Puxedo e Xendive (Lobios), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: abastecemento e saneamento en Torneiros, O Puxedo e Xendive. Lobios (Ourense).

Número de expediente: OH.532.798.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 98, do 27 de maio de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 191.008,92 euros. Importe total: 231.120,79 euros.

Data de adxudicación: 3 de setembro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 141.499,41 euros. Importe total: 171.214,29 euros.

Data de formalización do contrato: 7 de setembro de 2015.

Contratista: Explotacións Medioambientais, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixe prioritario de intervención 3 Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme ao disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia