Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de setembro de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/429/2014, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 15 de setembro de 2015 ditou resolución pola que se declaran non legalizables por seren incompatibles co ordenamento xurídico as obras de construción dun habitáculo no lugar de Balea, parroquia de Cerponzóns (San Vicente), no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra, ordénase a súa demolición e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución, dando conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Francisco Domínguez Cao, representante de Franmar San Vicente, S.L.U., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística