Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se acorda someter a información pública o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia.

A Consellería do Mar está tramitando o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia, que ten por obxecto regular a actividade da acuicultura e de todas as actividades directamente relacionadas con esta, no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do exposto no artigo 7.4 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 57/1994, do 25 de marzo, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

ACORDO:

Someter a información pública o anteproxecto da Lei de acuicultura de Galicia, por un prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O texto do anteproxecto de lei poderase consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/institucional/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/disposicion/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo:

secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es ou, alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar